Sunday 28 de April de 2024

O Concello inicia o luns as inscricións para a xornada de mindfulness dirixida a mulleres que terá lugar o 8M


O Concello de Neda abre o próximo luns o prazo para anotarse na Xornada de mindfulness, que organiza o vindeiro venres 8 de marzo e estará guiada polo experto Vicente Sueiras. A proposta, incluída na programación especial do Mes da muller, vai dirixida especificamente ao público feminino, e busca mellorar o seu benestar físico e mental a través desta práctica.

A iniciativa desenvolverá entre as 17 e as 20 horas, e contará de dúas actividades independentes. Así, iniciarase cunha camiñada consciente co obxectivo de sacar da mente  problemas e preocupacións que xeran ansiedade. A saída e meta estará no paseo marítimo de Xubia.

Ao seu remate, a partir das 18 horas, no pavillón do instituto desenvolverase un obradoiro, impartido por Sueiras, con técnicas básicas para que as participantes adquiran habilidades para poder xestionar mellor os seus estados emocionais.

As mulleres que queiran inscribirse nas dúas actividades ou ben nunha delas terán que chamar a partir do próximo luns e ata o xoves á biblioteca municipal (teléfono 981 390233), en horario de 9 a 13 h e de 16 a 20 horas. A iniciativa, con prazas limitadas, é totalmente gratuíta.